Saltar ao contido

Douglas A-26 Invader

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Douglas A-26 Invader
Tipobombardeiro lixeiro e ataque ao chan
FabricanteDouglas Aircraft Company
Primeiro voo10 de xullo de 1942
Retirado1980 (Colombia)[1]
Unidades construídas2 503[2]

O Douglas A-26 Invader (designado B-26 entre 1948 e 1965) é un bombardeiro lixeiro e avión de ataque ao chan bimotor estadounidense. Fabricado por Douglas Aircraft Company durante a segunda guerra mundial, o Invader tamén serviu en varios conflitos principais da guerra fría. Un número limitado de altamente modificadas unidades da USAF serviron no sueste asiático ata 1969. Era un avión rápido capaz de levar unha gran carga de bombas. Podía equiparse cunha ampla gama de canóns para producir un formidable avión de ataque ao chan.[3]

Unha redesignación do modelo de A-26 a B-26 fixo que se chegase a confundir co Martin B-26 Marauder, que voara por vez primeira en novembro de 1940, uns 20 meses antes que o deseño de Douglas. Aínda que ámbolos dous modelos estaba equipados cos motores amplamente usados Pratt & Whitney R-2800 Double Wasp de 18 cilindros, eran deseños completamente distintos.

  1. Douglas A/B-26 Invader (ed.). "Air Forces that flew the A-26 Invader". Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  2. Boeing (ed.). "Historical Snapshot: A-26/B-26 Invader Light Bomber". Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  3. Wheeler 1992, p. 82

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Wheeler, Barry C. The Hamlyn Guide to Military Aircraft Markings. Londres: Chancellor Press, 1992. ISBN 1-85152-582-3.